Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 3 Maio 2024.

Folga indefinida no metal pontevedrés a partir do 18 de xullo

    O sector do metal da provincia de Pontevedra vive este venres a súa sexta xornada de folga. Ante a falta de vontade negociadora por parte da patronal, os sindicatos CCOO, UGT e CIG anuncian que o paro será indefinido a partir do martes 18 de xullo.

    07/07/2023.
    O metal pontevedrés irá á folga indefinida a partir do 18 de xullo

    O metal pontevedrés irá á folga indefinida a partir do 18 de xullo

    A quinta xornada de folga, o xoves, rematou ás portas da factoría de Stellantis e estivo marcada pola desproporcionada reacción policial na entrada da multinacional da automoción que deixou ducias de manifestantes feridos.

    Así mesmo, os sindicatos critican a pretensión da patronal de dividir os traballadores e traballadoras, que ata o momento actúan con absoluta unidade, como proban as masivas manifestacións de cada xornada de folga.

    Propostas «insultantes» e «irrisorias»

    Á folga chegouse por culpa da falta de vontade negociadora da patronal e pola súa proposta, entre «insultante» e «irrisoria»: as empresas propoñen unha suba do 0,5 %, 2,5 % e 2,5 % para cada un dos tres anos de vixencia do convenio, sen cláusula de revisión. «Apostamos por adaptar o convenio aos novos tempos, seguindo na liña que se marcou na Coruña, Ourense e Lugo», afirman as tres organizacións.